Archive for Abril, 2006
As dúbidas que plantexaba no meu anterior post sobre se a fala era galego ou non acaban de desaparecer.
Grazas a chuza! cheguei a uns vídeos de xente falando a fala.
É impresionante sobre todo o primeiro vídeo. Se non fora pq o paisano di que é de Extremadura pensaría que era dalgún lugar de Galiza.
Sego sen ser lingüista, pero xa quitei o interrogante do título do post
chuzame - Estes días andan enfrontados a Vicepresidenza da Xunta e a Junta de Extremadura.
O motivo? Todo ven da petición do BNG á Xunta para que tomara "medidas e políticas concretas" para a defensa do galego nas zonas de fora de Galiza (Asturias, Zamora e Cáceres) onde se fale.
O resultado? Un comunicado da Junta de Extremadura onde se califica á medida coma "delirio imperialista de los nacionalistas gallegos" entre outras lindezas. Argumenta que a fala non é galego senón un "dialecto derivado del tronco común del galaico portugués, con adherencias asturleonesas".
O tema é... é galego a fala ou non? A verdade é que non teño nin idea e o mellor para estes casos é tirar de internet.
chuzame -
Hai uns días que saíu a nova versión de glest, a ansiada 2.0! Alomenos esperada polos que xa coñeciamos este xogo.
Traducción da descripción de glest que se da na páxina:
Glest é un proxecto para facer un xogo de estratexia en tempo real 3d gratuito e totalmente personalizable.
Inclúe partidas dun xogador contra oponentes controlados pola CPU, dous faccións diferenciadas coas súas correspondentes árbores de tecnoloxía, unidades, edificios e varios mapas.
Descubrín o xogo xa hai algún tempo e quedei prendado del, é dunha beleza gráfica impresionante ademais dunha xogabilidade moi boa. Hai dúas faccións: os magos e os científicos (eu son pro-científicos porque teñen unidades máis vistosas). Coa versión 2.0 trae novas unidades que lle dan moita vida:
- Unidades aéreas que aumentan as posibilidades dun ataque en grupo
- Cabalos que chegan a calquera lado nun intre
chuzame - chuza! é un sitio de novas galegas que emprega un control editorial non xerárquico baseado en menéame.
Atopei este sitio hai dous días. Se non o coñecedes, non sei que esperades para visitalo!
Vin unha diferencia entre menéame e chuza! O primeiro usa direccións do tipo "http://meneame.net/story.php?id=NÚMERO" mentres que o segundo emprega URLs máis entendibles "http://chuza.org/historia/TÍTULO-NOTICIA/" pero tamén máis longas. A segunda forma é a empregada por digg.
Mirando a FAQ vin que non estaba dispoñible o código fonte, senón que se enlazaba co código fonte de menéame. Así que, fun ve-la licencia. menéame usa a Affero General Public License (OAGPL), unha modificación da GNU General Public License (GPL).
chuzame - Hoxe, tristemente, descubrín o segundo spam que me chega á conta de Source Forge. Non é un dos típicos "enlarge your penis", "mortage", "V I A G R A", etc. Non. É un timo por email
Vou proceder a reproducir algunhas partes do e-mail.
My name is Dr ANSELEM AKARAKA, the present branch Manager of a bank here in Benin Republic West Africa.
Todo un director de banco. Impresionante.
chuzame - 


