Glest 2.0
Published abril 15th, 2006 in Software Libre, Xogos
Hai uns días que saíu a nova versión de glest, a ansiada 2.0! Alomenos esperada polos que xa coñeciamos este xogo.
Traducción da descripción de glest que se da na páxina:
Glest é un proxecto para facer un xogo de estratexia en tempo real 3d gratuito e totalmente personalizable.
Inclúe partidas dun xogador contra oponentes controlados pola CPU, dous faccións diferenciadas coas súas correspondentes árbores de tecnoloxía, unidades, edificios e varios mapas.
Descubrín o xogo xa hai algún tempo e quedei prendado del, é dunha beleza gráfica impresionante ademais dunha xogabilidade moi boa. Hai dúas faccións: os magos e os científicos (eu son pro-científicos porque teñen unidades máis vistosas). Coa versión 2.0 trae novas unidades que lle dan moita vida:
- Unidades aéreas que aumentan as posibilidades dun ataque en grupo
- Cabalos que chegan a calquera lado nun intre
Para GNU/linux non hai binarios nestes momentos, así que, a tirar do código fonte de glest e dos datos de glest necesarios. Para empeza-la compilación hai que convertir uns ficheiros dende o formato de MS-DOS no que están a formato UNIX:
cd glest_source_2.0.0/mk/linux
for i in `find ./`; do dos2unix $i; done
Capturas de pantalla
chúzame -






0 Responses to “Glest 2.0”
Please Wait
Leave a Reply