Archive for abril, 2006
Hoxe hai exactamente unha semana do gran BOOM no meu ordenador provocado por ATI.
Son usuario de GNU/Linux, xogador de Enemy Territory e lamentablemente posuidor dunha tarxeta gráfica ATI, e polo tanto, uso do seu driver privativo. Esta maravilla do software ten algún bug sen importancia:
- Non permite ter dúas X arrincadas ó mesmo tempo.
- Non se poden usar as consolas virtuais.
- De vez en cando (estou aprendendo a rezar) bloquéase ó pechar unha sesión das X.
Cando se bloquea provoca un hardlock: a máquina queda totalmente bloqueada. Se antes do bloqueo modificas algo no disco duro os cambios non se gardan (caché do linux).
chúzame - 


