Archive for Maio, 2006

torcsTORCS é un simulador de carreiras de código aberto. Ó ser un simulador non te esperes poder dar unha curva a 20 km/h de máis sen que o coche che de un susto.

TORCS ten varios puntos fortes:

  1. Adictividade
  2. Gráficos moi bos con coches auténticos moi conseguidos
  3. Boa xogabilidade (unha vez te acostumas ás características do coche)
  4. Configurabilidade total do coche: podes pintalo como queiras, podes modificar decenas de parámetros (ángulo do alerón, altura do coche, etc)
Chuzame! chuzame -

python poweredCo logotipo da esquerda faise ver ós visitantes dunha web que se está empregando e apoia python. Existen dúas versións do logotipo en dous tamaños que se atopan na páxina The Python Powered Logo.

Este logotipo está feito por Just van Rossum. Se estás algo posto no mundo python seguro que che soa ese apelido... Just é o irmán de Guido van Rossum, creador de python.

A razón deste post non é que python me pareza a mellor linguaxe de programación que coñeza, que está claro que é. A razón deste post é que calquera pode usar este logotipo, pero baixo unha licenza moi particular (traducción libre):

Just van Rossum, dende agora en adiante O DESEÑADOR, cede a calquera que use Python (O USUARIO) o dereito de usa-lo logotipo de enriba (O LOGOTIPO), contendo o slogan "Python Powered" (O SLOGAN), co único propósito de fomenta-la Linguaxe de Programación Python (PYTHON) e máis nada. O DESEÑADOR posúe o copyright completo do LOGOTIPO excluíndo O SLOGAN que foi inventado por moita outra xente ó mesmo tempo, así que eles teñen que falar por si mesmos. Bla bla bla bla. Bla SEN GARANTÍAS bla bla EXPLÍCITAS bla bla bla bla OU IMPLÍCITAS bla bla bla. Bla. Bla bla a Redistribución Ilimitada do LOGOTIPO polo USUARIO Sen Modificacións está Permitida bla bla bla bla a condición de que O USUARIO non Cobre polo LOGOTIPO ou pola súa visualización ou transmisión bla bla bla bla bla bla. Ó mirar para O LOGO, estás aceptando esta LICENZA. Se non estás dacordo con esta LICENZA, non deberías ter mirado para O LOGOTIPO.

copyright © 1997 Just van Rossum

Vamos, que o humor repartíuse entre os irmáns por igual :)

Chuzame! chuzame -

hacker emblemNa programación hai dous dogmas de fe:

  1. Todo problema ten alomenos unha solución
  2. Sempre hai unha solución perfecta para cada problema

Hai veces que, depois de lle dar voltas a un problema, atópase unha solución provisional, que resolve o problema, pero no momento de vela xa se sabe que só é provisional (léase unha chapuza en maior ou menor grao) xa que non é bonita. Só cando atopas a solución perfecta debes de deixa-la búsqueda.

Sábese que a solución é perfecta porque ten tódolas cualidades positivas: fermosura, eleganza, eficenza, existenza, etc. Polo tanto, é perfecta porque existe e existe porque é perfecta. Isto é unha dobre recursión, un guiño ós programadores.

Moitas veces haise que conformar coa solución provisional porque tes que seguir adiante, pero sempre pesa sobre a túa concienza terte rendido na búsqueda da perfección ou non ser o suficientemente intelixente para atopala. É entón cando alguén di "é a mellor solucion que se atopou". Somos humanos, non deuses, non nos é doado crea-la perfección.

A procura da solución perfecta é o que converte a un bo programador no que é.

Chuzame! chuzame -

apt-get baixando diffs

Logotipo de debianSon usuario de debian dende hai moitos anos, e agás un día, sempre coa rama inestable. Hoxe ó facer o apt-get update rutinario, para a miña sorpresa, decátome de que non tardou nada en facelo. Dende hai algún tempo o Packages.gz ocupaba máis de 3 MBs e algo tarda...

Mirando a saída do comando observo estas liñas "raras":

Rcb:9 http://http.us.debian.org sid/main Packages/DiffIndex [12,6kB]
...
Rcb:13 2006-05-11-1340.12.pdiff [17,4kB]
Rcb:14 2006-05-11-1340.12.pdiff [17,4kB]
Rcb:15 2006-05-11-1340.12.pdiff [327B]
Rcb:16 2006-05-11-1340.12.pdiff [8005B]
Rcb:17 2006-05-11-1340.12.pdiff [357B]
Rcb:18 2006-05-11-1340.12.pdiff [327B]
Rcb:19 2006-05-11-1340.12.pdiff [17,4kB]
Rcb:20 2006-05-11-1340.12.pdiff [8005B]
Rcb:21 2006-05-11-1340.12.pdiff [357B]
Rcb:22 2006-05-11-1340.12.pdiff [327B]
Rcb:23 2006-05-11-1340.12.pdiff [8005B]
Rcb:24 2006-05-11-1340.12.pdiff [357B]

Chuzame! chuzame -

Hoxe, mércores 10 de maio, ás 12 de mañá, presentouse mancomun.org - Iniciativa Galega polo Software Libre. mancomún.org é unha iniciativa da Xunta de Galicia para implanta-lo Software Libre en Galiza, para iso pretende ser:

o punto de encontro das diferentes iniciativas sobre Software Libre que se están desenvolvendo dende os diferentes ámbitos: institucional, empresarial, educativo, voluntariado, etc.

Os obxectivos de mancomún.org son:

1. Facilitar o desenvolvemento industrial de factorías de software en Galiza.
2. Achegar a Sociedade da Información e o Coñecemento á sociedade galega.
3. Potenciar o uso de aplicacións informáticas na nosa lingua.

Chuzame! chuzame -



About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the month Maio, 2006.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

Maio 2006
L M M X V S D
« Abr   Xun »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  
3K2 theme by Hakan Aydin