Archive for maio 3rd, 2006
Hurd é o núcleo do sistema operativo GNU. Componse dunha serie de servidores ou demos que se executan sobre un microkernel. Pretende ser un reemprazamento ó núcleo UNIX. O nome é un acrónimo dobremente recursivo:
Hurd = "Hird of Unix-Replacing Daemons"
Hird = "Hurd of Interfaces Representing Depth"
Alá polo ano 1991, GNU contaba con tódolos compoñentes agás o núcleo. Foi entón cando Linus Torvalds creou Linux, un kernel monolítico ó estilo dos UNIX de toda a vida. Linux acabou sendo empregado coma núcleo de GNU, compretando así o sistema.
chúzame - 


