Archive for maio 10th, 2006
mancomun.org - Iniciativa Galega polo Software Libre
0 Comments Published maio 10th, 2006 in Política, Software LibreHoxe, mércores 10 de maio, ás 12 de mañá, presentouse mancomun.org - Iniciativa Galega polo Software Libre. mancomún.org é unha iniciativa da Xunta de Galicia para implanta-lo Software Libre en Galiza, para iso pretende ser:
o punto de encontro das diferentes iniciativas sobre Software Libre que se están desenvolvendo dende os diferentes ámbitos: institucional, empresarial, educativo, voluntariado, etc.
Os obxectivos de mancomún.org son:
1. Facilitar o desenvolvemento industrial de factorías de software en Galiza.
2. Achegar a Sociedade da Información e o Coñecemento á sociedade galega.
3. Potenciar o uso de aplicacións informáticas na nosa lingua.
chúzame - 


