mancomun.org - Iniciativa Galega polo Software Libre
Published maio 10th, 2006 in Política, Software LibreHoxe, mércores 10 de maio, ás 12 de mañá, presentouse mancomun.org - Iniciativa Galega polo Software Libre. mancomún.org é unha iniciativa da Xunta de Galicia para implanta-lo Software Libre en Galiza, para iso pretende ser:
o punto de encontro das diferentes iniciativas sobre Software Libre que se están desenvolvendo dende os diferentes ámbitos: institucional, empresarial, educativo, voluntariado, etc.
Os obxectivos de mancomún.org son:
1. Facilitar o desenvolvemento industrial de factorías de software en Galiza.
2. Achegar a Sociedade da Información e o Coñecemento á sociedade galega.
3. Potenciar o uso de aplicacións informáticas na nosa lingua.
O que me pareceu máis interesante é a FAQ de mancomun.org, onde atopamos información fundamental para entender qué é o Software Libre:
O sinxelo sería falar dos menores custes de licencias e pasar da motifación ética que hai detrás do Software Libre, pero na páxina ata copiaron a definición de Richard Stallman das 4 liberdades do Software Libre.
Dende as últimas eleccións parece que a Xunta está a apostar polo Software Libre. Algúns exemplos:
- Concurso para a localización de Openoffice.org
- A incorporación á Rede Internacional de Administracións Públicas para o Software Libre
A ver ata onde chegan.O texto entrecomiñado está sacado da páxina de mancomun.org e está baixo esta licencia Creative Commons.
chuzame -




0 Responses to “mancomun.org - Iniciativa Galega polo Software Libre”
Please Wait
Leave a Reply