apt-get baixando diffs
Published maio 12th, 2006 in Software Libre
Son usuario de debian dende hai moitos anos, e agás un día, sempre coa rama inestable. Hoxe ó facer o apt-get update rutinario, para a miña sorpresa, decátome de que non tardou nada en facelo. Dende hai algún tempo o Packages.gz ocupaba máis de 3 MBs e algo tarda...
Mirando a saída do comando observo estas liñas "raras":
Rcb:9 http://http.us.debian.org sid/main Packages/DiffIndex [12,6kB]
...
Rcb:13 2006-05-11-1340.12.pdiff [17,4kB]
Rcb:14 2006-05-11-1340.12.pdiff [17,4kB]
Rcb:15 2006-05-11-1340.12.pdiff [327B]
Rcb:16 2006-05-11-1340.12.pdiff [8005B]
Rcb:17 2006-05-11-1340.12.pdiff [357B]
Rcb:18 2006-05-11-1340.12.pdiff [327B]
Rcb:19 2006-05-11-1340.12.pdiff [17,4kB]
Rcb:20 2006-05-11-1340.12.pdiff [8005B]
Rcb:21 2006-05-11-1340.12.pdiff [357B]
Rcb:22 2006-05-11-1340.12.pdiff [327B]
Rcb:23 2006-05-11-1340.12.pdiff [8005B]
Rcb:24 2006-05-11-1340.12.pdiff [357B]
Onde van os 3 MBs? Qué é iso de 12 kB??? Algo falla... Por fin recordei que onte se actualizara o paquete apt á versión 0.6.44. Unha das novidades desta versión, que se poden ver no changelog de apt, é:
apt pdiff support from experimental merged
Ata agora, sempre que facías un apt-get update, se o programa vía que había unha versión nova do Packages.gz, baixábao enteiro (eses 3 MBs). Dende hoxe, ó observar unha nova versión de Packages.gz, en vez de o baixar todo, debe mirar os ficheiros novos coas diferencias e báixaos (ese cantos kBs).
Polo de agora só funciona para a rama inestable e para as arquitecturas i386 e amd64.
Estiven buscando información sobre este cambio en internet, pero non atopei nada. Na estructura de directorios de ftp.debian.org hai 2 novidades (que eu vexa):
- Novo subdirectorio chamado Packages.diff, no directorio onde se atopa o Packages.gz, con ficheiros comprimidos con gzip con cambios para Packages.gz ftp://ftp.debian.org/debian/dists/sid/ma...)
- Novo subdirectorio chamado Contents-ARQUITECTURA.diff, no directorio onde se atopa o Contents-ARQUITECTURA.gz, con ficheiros comprimidos con gzip con cambios para o Contents-ARQUITECTURA.gz ftp://ftp.debian.org/debian/dists/sid/Co...)
Así que, parece que apt-file tamén se poderá aproveitar da actualización só das diferencias do Contents.Levábase agardando moito tempo por esta mellora, e por fin se produciu. Para min chegou tarde, dende hai uns meses deixei de me conectar a internet cun modem 56kb e xa tanto me tiña... pero todo o que sexa aforrar ancho de banda sempre é benvido.
chúzame -




0 Responses to “apt-get baixando diffs”
Please Wait
Leave a Reply