Dogmas de fe na programil-sofía
Published maio 17th, 2006 in Humor, Programación
Na programación hai dous dogmas de fe:
- Todo problema ten alomenos unha solución
- Sempre hai unha solución perfecta para cada problema
Hai veces que, depois de lle dar voltas a un problema, atópase unha solución provisional, que resolve o problema, pero no momento de vela xa se sabe que só é provisional (léase unha chapuza en maior ou menor grao) xa que non é bonita. Só cando atopas a solución perfecta debes de deixa-la búsqueda.
Sábese que a solución é perfecta porque ten tódolas cualidades positivas: fermosura, eleganza, eficenza, existenza, etc. Polo tanto, é perfecta porque existe e existe porque é perfecta. Isto é unha dobre recursión, un guiño ós programadores.
Moitas veces haise que conformar coa solución provisional porque tes que seguir adiante, pero sempre pesa sobre a túa concienza terte rendido na búsqueda da perfección ou non ser o suficientemente intelixente para atopala. É entón cando alguén di "é a mellor solucion que se atopou". Somos humanos, non deuses, non nos é doado crea-la perfección.
A procura da solución perfecta é o que converte a un bo programador no que é.
chúzame -




0 Responses to “Dogmas de fe na programil-sofía”
Please Wait
Leave a Reply