Archive for Xuño, 2006
Unha das máximas da programación é que nada ten por que ser o que parece agás as direccións físicas de memoria. Pero, debido a que tratar coas direccións de memoria (números) é difícil e propenso a erros, nas linguaxes de alto nivel empréganse nomes para facer referencia ás direccións de memoria. Isto introduce un problema de alto nivel: hai que diferenzar entre a forma e o contido. Así, unha función chamada "sumar" non ten porque facer unha suma. Outra das máximas da programación é que en calquera momento podemos petar cun erro, polo que hai que estar preparado para o imprevisible.
Como exempro un recente suceso persoal. Ata a versión 0.11 de Python Sudoku fora sacando versións de cada pouco, pero dende aquela pasou medio ano e aínda non dera sacado a seguinte versión. Había un erro no código que non daba atopado, e polo tanto, que non daba arranxado. Onte tiven un día inspirado, así que púxenme a mirar o código e... despois de varios minutos de moito pensar acabei eliminando unha función chamada fix (arranxar en inglés) e arranxouse o erro, principal atranco para a saída da versión 0.12.
chuzame - A reforma de la Lei de Propiedade Intelectual chega a Slashdot
0 Comments Published Xuño 28th, 2006 in PolíticaEspaña saíu na páxina principal de Slashdot por unha nova que non vai de fútbol, todos aqueles que estexan depresivos pola eliminación en oitavos poden seguir lendo sen medo. A nova trata sobre a reforma da Lei de Propiedade Intelectual realizada polo governo central o 23 de xuño centrándose en que dende agora tódolos dispositivos capaces de facer copias de obras rexistradas con copyright terán un canon: CDs, DVDs, impresoras, escaners e móviles.
O interesante é ver como dende o outro lado do atlántico chegan a razoamentos similares ós realizados polos afectados de primeira man. Así, os comentarios xiran sobre as seguintes dúbidas e extrañezas:
- Como se reparte o diñeiro recaudado entre os posuidores do copyright?
- Cobrar o canon non significa a legalización da piratería?
- Que pasa se compramos estes soportes para un uso lícito (grabar software libre, por exemplo)?
- A recaudación por actuacións en directo seguen a aumentar ano tras ano.
- Este canon é a solución a un modelo de negozo que deixa de facer cartos.
- En USA, cun governo de dereitas, estase a facer unha política menos agresiva contra os cidadáns que en países europeos con governos de esquerdas (en Francia tamén aprobaron algo parecido, parece ser).
chuzame - Debian prepara a transición a python 2.4
0 Comments Published Xuño 27th, 2006 in Programación, Software Libre
A versión oficial de python en debian, neste momento, é aínda a versión 2.3, pero en breve será a 2.4, a última versión desta linguaxe de programación.
A principios de xuño cambiouse o Debian Python Policy para automatizar que un módulo poida ser empregado por distintas versións de python. Na actualidade en debian pódense instalar as versión 2.3 e 2.4, pero en breve sairá a versión 2.5 da que xa existe a primeira beta e tamén estará dispoñible.
chuzame -
Glest é un xogo de estratexia en tempo real en 3 dimensións creado por galegos.
Glest ten varios puntos fortes:
- Excelente calidade visual dos mapas, edificios e unidades.
- A xogabilidade: nuns minutos xa te das defendido, nunha partida xa aprendes as evolucións das unidades e a utilidade de cada edificio.
chuzame - Engadir sudokus a unha páxina web
6 Comments Published Xuño 24th, 2006 in HowTos, Programación, Python SudokuA páxina web de Python Sudoku ten un script para obter imaxes en formato PNG de sudokus que se poden engadir á nosa páxina web.
Cada día engádense 4 sudokus á base de datos, un para cada unha dos seguintes handicaps: 0, 5, 10 e 15. Mediante este script pódense obter tódolos sudokus.
O tamaño das imaxes é de 300x300, ocupando aproximadamente 6KBs, pero pódese obter unha versión de previsualización de 100x100, ocupando aproximadamente 2KBs.
chuzame - 


