Archive for xuño 4th, 2006
Logo algúns sempre que se fala de Linux comentan que necesita una estabilización da ABI (Interface binaria da aplicación)... Para qué?, para ter máis e máis restriccións sobre a máquina? Cando compras unha televisión, a que che dan un manual dicindo como funciona o mando a distancia? Pois dende hai demasiado tempo as cousas non son así no mundo da informática: ti compras unha tarxeta gráfica, por exemplo, e o fabricante en vez de che dar as especificacións da tarxeta dache un driver e aínda lle tes que da-las grazas. A escusa soe ser que non se dan as especificacións para non dar detalles á competencia sobre a implementación (non se vaian a enterar de que están a empregar métodos patentados pola competencia) Eu, dende logo, aínda sabendo que é o que pasa cando premo o botón 1 no mando a distancia non teño nin idea de cómo funciona unha televisión...
Vía LinuxJuegos.
chúzame - 


