Drivers privativos das Creative X-Fi
Published xuño 4th, 2006 in As miñas cousasLogo algúns sempre que se fala de Linux comentan que necesita una estabilización da ABI (Interface binaria da aplicación)... Para qué?, para ter máis e máis restriccións sobre a máquina? Cando compras unha televisión, a que che dan un manual dicindo como funciona o mando a distancia? Pois dende hai demasiado tempo as cousas non son así no mundo da informática: ti compras unha tarxeta gráfica, por exemplo, e o fabricante en vez de che dar as especificacións da tarxeta dache un driver e aínda lle tes que da-las grazas. A escusa soe ser que non se dan as especificacións para non dar detalles á competencia sobre a implementación (non se vaian a enterar de que están a empregar métodos patentados pola competencia) Eu, dende logo, aínda sabendo que é o que pasa cando premo o botón 1 no mando a distancia non teño nin idea de cómo funciona unha televisión...
Vía LinuxJuegos.




0 Responses to “Drivers privativos das Creative X-Fi”
Please Wait
Leave a Reply