Archive for xuño 15th, 2006
Onte apareceu unha nova no diario 20 minutos na que Stephen Hawking di que Xoán Paulo II lle pidiu que non estudiara a orixe do Universo.
Está ben estudiar o Universo e onde se orixinou. Pero non se debería profundizar na orixe en si mesma, xa que se trata do momento da Creación e da intervención de Deus.
Unha de dúas:
- Xoán Paulo II tiña medo de que se poidera explicar a orixe do Universo sen a necesidade da man dun ser superior.
- A demostración, dunha vez por todas, da existencia de Deus acabaría coa fe, algo que é fundamental para o home segundo os antropólogos.
chúzame -
The battle for Wesnoth é un xogo de estratexia por turnos con toques de rol ambientado nun mundo fantástico.
Os toques de rol obsérvanse na variedade de unidades que existen, as habilidades individuais de cada unidade, nos distintos aparellos máxicos que se poden atopar no campo de batalla ou en que as unidades ó gañar certa experiencia evolucionan en unidades máis poderosas.
chúzame - 


