Archive for xuño 22nd, 2006

Para as capturas de pantalla dos posts sobre Xogos de código aberto necesito un programa que cada certo tempo faga unha captura de pantalla. Hai moitos que fan capturas de pantalla, pero o único que atopei que fixera varias foi xvidcap. Está pensado para facer vídeos de presentación, co que ten a opción de cuspir directamente en formato vídeo ou imaxes soltas. Hai un tempo dera conseguido que me funcionase, pero agora, cando o intentei, non o din nin compilado nin instalado os pacotes binarios que hai por ahí.

Acabei descubrindo que as X traen un programa que se encarga de facer capturas de pantalla. Chámase xwd e en debian atópase no pacote xbase-clients. Pode facer capturas de toda a pantalla ou de fiestras en particular, pero nun formato propio: "X Window Dump image data". Por sorte con Imagemagick poderémolo converter a calquera outro formato de imaxe máis normal.

Chuzame! chúzame -

Cousas de xentiña deixa de estar aloxado en blogger para mudar a Blogaliza, esta é a nova dirección de Cousas de xentiña. Hai varias razóns para este cambio. A idea tíñaa na cabeza dende hai algún tempo, pero foi ver que Calidonia xa estaba migrando o que me acabou de decidir.

A razón profunda do cambio é que Blogaliza emprega como software para os blogs WordPress que é software libre e está traducido ó galego. O software libre é o tema principal do blog e escribe en galego... vamos, por coherenza.

Despois de ter tomada a decisión, custoume menos dun día mover todos os contidos ó novo sitio. WordPress teng un sistema de importación que permite importar os contidos de distintos blogs, un deles blogger. Un par de clics despois os contidos xa estaban en Blogaliza. É moi moi moi sinxelo. As miñas reticencias previas para face-lo cambio era a perda de contido, de ter sabido antes que se podía importar tería cambiado antes.

Chuzame! chúzame -

About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the day xoves, xuño 22nd, 2006.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

xuño 2006
L M M X V S D
« mai   xull »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin