PlanetPenguin Racer
Published xuño 23rd, 2006 in Software Libre, Xogos
PlanetPenguin Racer é un xogo de carreiras protagonizado por Tux, a mascota de Linux. O obxectivo do xogo é baixar o máis rápido e collendo o maior número de peixes posibles por un monte cuverto de neve e xeo.
PlanetPenguin Racer está baseado na versión GPL de Tux Racer. Tux Racer foi un xogo mítico a principios da presente década por ser dos primeiros xogos para GNU/Linux en 3D. No 2001 o seu autor cambiou a licenza do xogo deixando de ser software libre. PlanetPenguin Racer parte da última versión GPL de Tux Racer seguindo o seu desenvolvemento dende ahí.
Climatoloxía
As carreiras pódense realizar con distinta visibilidade segundo estexa o ceo:
- Ceo despexado
- Ceo anubado
- De noite
- Á tardiña
Ademais, pode haber ou non vento.
Tipos de carreiras
Hai dous tipos de carreiras:
- Práctica: Podemos escolle-la pista e climatoloxía que queiramos.
- Evento: Cada torneo está composto por varias carreiras. Para gañar un torneo hai que gañar tódalas carreiras, completándoas nun tempo máximo e collendo un número determinado de peixes, empregando un número limitado de intentos.
Varios xogadores
Na versión actual non poden xogar varios xogadores, pero na versión 0.5 alpha empeza a haber código experimental para engadir esta funcionalidade. Cuestión de esperar.
Versión 0.3.1
Licenza GPL
Capturas de pantalla
chúzame -








0 Responses to “PlanetPenguin Racer”
Please Wait
Leave a Reply