Engadir sudokus a unha páxina web
5 Comments Published xuño 24th, 2006 in HowTos, Programación, Python SudokuA páxina web de Python Sudoku ten un script para obter imaxes en formato PNG de sudokus que se poden engadir á nosa páxina web.
Cada día engádense 4 sudokus á base de datos, un para cada unha dos seguintes handicaps: 0, 5, 10 e 15. Mediante este script pódense obter tódolos sudokus.
O tamaño das imaxes é de 300x300, ocupando aproximadamente 6KBs, pero pódese obter unha versión de previsualización de 100x100, ocupando aproximadamente 2KBs.
Parámetros
O script ten varios parámetros:
- date: A data en formato AAAA-MM-DD (para hoxe sería 2006-06-24). Se non se especifica tómase por defecto o día de hoxe.
- handicap: O número de números de máis que se dan; 0 significa que se dan só os necesarios, 1 que se da un de máis, etc. Os valores permitidos son 0, 5, 10 e 15. Se non se especifica tómase por defecto 0.
- format: O formato, que pode ser png, pdf ou sdk (texto plano). Se non se especifica tómase por defecto png.
- thumb: (Só para formato png, incompatible con solved) Amósase unha imaxe de tamaño máis pequeno a modo de previsualización.
- solved: Amosa o sudoku resolto.
Exempros
Para meter un sudoku nunha páxina web só hai que insertar o código onde queiramos que se vexa.
Previsualización con ligazón á páxina web de Python Sudoku (recomendado):
<a href="http://pythonsudoku.sourceforge.net/index.php?view&handicap=0#sudokus"><img src="http://pythonsudoku.sourceforge.net/sudoku.php?thumb&format=png&handicap=0" /></a>
Imaxe co sudoku e ligazón á páxina web de Python Sudoku:
<a href="http://pythonsudoku.sourceforge.net/index.php?view&handicap=0#sudokus"><img src="http://pythonsudoku.sourceforge.net/sudoku.php?format=png&handicap=0" /></a>
Imaxe co sudoku e ligazón á imaxe co sudoku resolto:
<a href="http://pythonsudoku.sourceforge.net/sudoku.php?solved&format=png&handicap=0"><img src="http://pythonsudoku.sourceforge.net/sudoku.php?format=png&handicap=0" /></a>
5 Responses to “Engadir sudokus a unha páxina web”
- 1 Aviso (Pingback) on abr 28th, 2007 at 9:32 pm




Estiven a facer probas na miña web e ó copiar e pegar o código este copiábaseme mal; de feito algunhas ” non as recoñecia bien. Pode que sexa problema meu pero bótalle un vistazo á entrada a ver.
Grazas polo aviso.
Xa está solucionado, o problema era que o editor de wordpress convertía as comiñas dobres finais en algo distinto a ”.
Eu a verdade e que para esto son un pouco lento de mais. Así que vou a probar a ver que tal queda.
Muito legal! Adicionei um link no meu blog!