A reforma de la Lei de Propiedade Intelectual chega a Slashdot
Published xuño 28th, 2006 in PolíticaEspaña saíu na páxina principal de Slashdot por unha nova que non vai de fútbol, todos aqueles que estexan depresivos pola eliminación en oitavos poden seguir lendo sen medo. A nova trata sobre a reforma da Lei de Propiedade Intelectual realizada polo governo central o 23 de xuño centrándose en que dende agora tódolos dispositivos capaces de facer copias de obras rexistradas con copyright terán un canon: CDs, DVDs, impresoras, escaners e móviles.
O interesante é ver como dende o outro lado do atlántico chegan a razoamentos similares ós realizados polos afectados de primeira man. Así, os comentarios xiran sobre as seguintes dúbidas e extrañezas:
- Como se reparte o diñeiro recaudado entre os posuidores do copyright?
- Cobrar o canon non significa a legalización da piratería?
- Que pasa se compramos estes soportes para un uso lícito (grabar software libre, por exemplo)?
- A recaudación por actuacións en directo seguen a aumentar ano tras ano.
- Este canon é a solución a un modelo de negozo que deixa de facer cartos.
- En USA, cun governo de dereitas, estase a facer unha política menos agresiva contra os cidadáns que en países europeos con governos de esquerdas (en Francia tamén aprobaron algo parecido, parece ser).
chuzame -




0 Responses to “A reforma de la Lei de Propiedade Intelectual chega a Slashdot”
Please Wait
Leave a Reply