Archive for xuño 29th, 2006
Unha das máximas da programación é que nada ten por que ser o que parece agás as direccións físicas de memoria. Pero, debido a que tratar coas direccións de memoria (números) é difícil e propenso a erros, nas linguaxes de alto nivel empréganse nomes para facer referencia ás direccións de memoria. Isto introduce un problema de alto nivel: hai que diferenzar entre a forma e o contido. Así, unha función chamada "sumar" non ten porque facer unha suma. Outra das máximas da programación é que en calquera momento podemos petar cun erro, polo que hai que estar preparado para o imprevisible.
Como exempro un recente suceso persoal. Ata a versión 0.11 de Python Sudoku fora sacando versións de cada pouco, pero dende aquela pasou medio ano e aínda non dera sacado a seguinte versión. Había un erro no código que non daba atopado, e polo tanto, que non daba arranxado. Onte tiven un día inspirado, así que púxenme a mirar o código e... despois de varios minutos de moito pensar acabei eliminando unha función chamada fix (arranxar en inglés) e arranxouse o erro, principal atranco para a saída da versión 0.12.
chúzame - 


