Archive for Xullo, 2006
Un feito comprobable na programil-sofía
0 Comments Published Xullo 27th, 2006 in Humor, Programación
Na programil-sofía non todo son dogmas de fe ou falsas aparienzas, tamén hai feitos comprobables. Un destes feitos comprobables é que nun algoritmo a eficiencia en tempo está enfrontado coa eficiencia en espazo, é dicir, un algoritmo moi rápido ten que ocupar máis que un algoritmo lento.
chuzame - Shakespeare, unha linguaxe de programación
2 Comments Published Xullo 18th, 2006 in Humor, Programación
Hai tempo que tiña oído falar da beleza da obra de Shakespeare, pero nunca lera nada dela. Un atopa unha linguaxe de programación fermosa como python e esquécese de seguir buscando algo mellor, sen se parar a pensar que ó mellor aínda se pode construír código cunha maior eleganza.
Pois ben, onte, de casualidade, atopei a que agora é a miña linguaxe de preferenza: Shakespeare. A súa beleza, a súa estética, o seu estilo é inigualable comparado co resto de linguaxes que levo visto ata o de agora. Será difícil que un día atope unha linguaxe que me pareza claramente mellor, que me sorprenda e agrade tanto.
chuzame -
A nova versión estable de debian chamarase etch e terá como número de versión o 4.0. Está previsto que saia á luz o luns, 4 de decembro (deste ano ;)).
Os obxectivos da nova versión son:
- Compatibilidade con LSB 3.1
- Soporte de SELinux
- Soporte para ipv6
- Soporte para LFS (ficheiros grandes)
- Nova infrastructura de python
- Soporte para NFS v4
A versión de linux será posiblemente a 2.6.17 ou superior. A rama 2.4 non entrará en Etch.
En breve comezará a conxelación dos pacotes. Comezarase a finais deste mes coa conxelación dos pacotes esenciais e o kernel e rematarase a mediados de outubro coa conxelación total.
Esperemos que todo saia ben e se cumpran os prazos marcados.
chuzame - Razón de “Or any later version” na GPL
Closed Published Xullo 16th, 2006 in Programación, Software Libre
Cando se cambia a licenza dun programa é necesario que tódolos seus autores den o seu consentemento. En proxectos de software libre grandes é normal que haxa moitos desenvolvedores que contribúen código de forma habitual ou puntual, co que, primeiro pode ser difícil atopalos a todos e segundo que se poñan dacordo no cambio de licenza. O código dos desenvolvedores non atopados ou que non estexan dacordo co cambio de licenza deberá ser reescrito.
chuzame - Este sábado no programa La rosa de los vientos de Onda Cero fíxose un versus entre Adolf Hitler e losif Stalin, protagonistas das Segunda Guerra Mundial. Juan Antonio Cebrián comentou dous datos curiosos sobre a infancia de cada un destes homes.
A avoa de Adolf Hitler quedeou embarazada cando traballaba como serventa para unha familia xudea. Ela nunca dixo quen era o pai. Dende as dúas frontes aproveitouse este feito para bombardear á poboación con propaganda para espallar o rumor de que Hitler tiña unha cuarta parte de sangue xudea. Segundo a wikipedia inglesa parece que este rumor quedou descartado, pero non deixaría de ser curioso que o odio de Hitler ós xudeus viñese provocado por un odio ó que el mesmo era.
Pola súa parte, losif Stalin pasou 5 anos nun seminario. Digo eu, non eran os comunistas os que queimaban as igrexas?
chuzame - 


