Archive for xullo 10th, 2006

Praia de San ValentínHoxe aparece en Rahkephon's Corner unha entrada sobre a praia de San Valentín (Fene). Vendo as fotos queda claro que non é un sitio moi agradable, pero queda un punto importante por comentar, algo que precisamente hai uns minutos ó chegar á casa sufrín: o cheiro que se sinte en todo San Valentín diariamente.

Levo moitos anos vivindo en San Valentín e antes xa ía ó colexio público A Xunqueira. Dende entón aprendimos que marea baixa era sinónimo de cheiro a merda. Era un xeito eficaz de saber o estado da marea sen a necesidade de mirar para o mar.

En todo este tempo nada se fixo co cheiro. É algo incrible de crer a menos que se viva aquí. É que nunca se vai dar arranxado?

A razón pola que se produce este cheiro xa hai tempo que me da igual. A razón pola que aínda se produce indígname profundamente.

Chuzame! chúzame -

About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the day luns, xullo 10th, 2006.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

xullo 2006
L M M X V S D
« xun   ago »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
3K2 theme by Hakan Aydin