Praia de San ValentínHoxe aparece en Rahkephon’s Corner unha entrada sobre a praia de San Valentín (Fene). Vendo as fotos queda claro que non é un sitio moi agradable, pero queda un punto importante por comentar, algo que precisamente hai uns minutos ó chegar á casa sufrín: o cheiro que se sinte en todo San Valentín diariamente.

Levo moitos anos vivindo en San Valentín e antes xa ía ó colexio público A Xunqueira. Dende entón aprendimos que marea baixa era sinónimo de cheiro a merda. Era un xeito eficaz de saber o estado da marea sen a necesidade de mirar para o mar.

En todo este tempo nada se fixo co cheiro. É algo incrible de crer a menos que se viva aquí. É que nunca se vai dar arranxado?

A razón pola que se produce este cheiro xa hai tempo que me da igual. A razón pola que aínda se produce indígname profundamente.


2 Responses to “Cheiro da praia de San Valentín (Fene)”

  1. 1 dAN

    A verdade é unha vergonza como está o lugar dende hay moitos anos xa; e sen lle buscar unha solución aínda ó problema tal coma dis. Teremos que ver se nestas vindeiras eleccións prometen arranxalo de algunha forma.

  2. 2 xoseotero

    Eu creo recordar varias promesas sobre a súa solución, pero non che foi nada 🙁


Categories

Calendario

Xullo 2006
M T W T F S S
« Xuñ   Ago »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  
3K2 theme by Hakan Aydin