Razón de “Or any later version” na GPL
Published xullo 16th, 2006 in Programación, Software Libre
Cando se cambia a licenza dun programa é necesario que tódolos seus autores den o seu consentemento. En proxectos de software libre grandes é normal que haxa moitos desenvolvedores que contribúen código de forma habitual ou puntual, co que, primeiro pode ser difícil atopalos a todos e segundo que se poñan dacordo no cambio de licenza. O código dos desenvolvedores non atopados ou que non estexan dacordo co cambio de licenza deberá ser reescrito.
Se miramos o código fonte da maioría de programas que teñen como licenza a GNU General Public License atoparemos este texto:
This program is free software; you can redistribute it and/or modify it under the terms of the GNU General Public License as published by the Free Software Foundation; either version 2 of the License, or (at your option) any later version. This program is distributed in the hope that it will be useful, but WITHOUT ANY WARRANTY; without even the implied warranty of MERCHANTABILITY or FITNESS FOR A PARTICULAR PURPOSE. See the GNU General Public License for more details. You should have received a copy of the GNU General Public License along with this program; if not, write to the Free Software Foundation, Inc., 51 Franklin Street, Fifth Floor, Boston, MA 02110-1301, USA.
Digo a maioría, e non todos, porque existe a posibilidade de forzar unha versión determinada (como fai linux coa versión 2) ou non mencionar versión algunha co que calquera podería ser válida. Pero, a forma recomendable é a citada máis arriba.
Este or any later version fai posible que cando saia a seguinte versión da GPL (a versión 3 está prevista para principios do ano que ven) se poida cambiar a licenza á nova versión automáticamente, sen necesidade de consultar ós desenvolvedores.
chúzame -



