Archive for xullo 18th, 2006
Shakespeare, unha linguaxe de programación
2 Comments Published xullo 18th, 2006 in Humor, Programación
Hai tempo que tiña oído falar da beleza da obra de Shakespeare, pero nunca lera nada dela. Un atopa unha linguaxe de programación fermosa como python e esquécese de seguir buscando algo mellor, sen se parar a pensar que ó mellor aínda se pode construír código cunha maior eleganza.
Pois ben, onte, de casualidade, atopei a que agora é a miña linguaxe de preferenza: Shakespeare. A súa beleza, a súa estética, o seu estilo é inigualable comparado co resto de linguaxes que levo visto ata o de agora. Será difícil que un día atope unha linguaxe que me pareza claramente mellor, que me sorprenda e agrade tanto.
chúzame - 


