Un feito comprobable na programil-sofía
Published xullo 27th, 2006 in Humor, Programación
Na programil-sofía non todo son dogmas de fe ou falsas aparienzas, tamén hai feitos comprobables. Un destes feitos comprobables é que nun algoritmo a eficiencia en tempo está enfrontado coa eficiencia en espazo, é dicir, un algoritmo moi rápido ten que ocupar máis que un algoritmo lento.
Esta tarde leveime unha sorpresa ó me atopar co código dos programas máis curtos para resolver sudokus e ver que a versión en python só ocupaba 178 bytes, xa que o ficheiro sudoku.py de Python Sudoku ten 846 liñas :D.
Este era o momento idóneo para probar a regra exposta anteriormente. Despois de crear un sudoku de nivel sinxelo en Python Sudoku dispúxenme a medi-lo tempo que tardaba cada algoritmo en resolve-lo sudoku. Estes foron os resultados:
- Python Sudoku: 0,303 segundos.
- Shortest Sudoku Solver: pareino despois de máis de media hora de execución.
A verdade é que quedei moi aliviado ó ver este resultado, de ter un resultado moi distinto a este deberíame plantexar as miñas habilidades como programador.
chúzame -




0 Responses to “Un feito comprobable na programil-sofía”
Please Wait
Leave a Reply