Archive for xullo, 2006
Hoxe aparece en Rahkephon's Corner unha entrada sobre a praia de San Valentín (Fene). Vendo as fotos queda claro que non é un sitio moi agradable, pero queda un punto importante por comentar, algo que precisamente hai uns minutos ó chegar á casa sufrín: o cheiro que se sinte en todo San Valentín diariamente.
Levo moitos anos vivindo en San Valentín e antes xa ía ó colexio público A Xunqueira. Dende entón aprendimos que marea baixa era sinónimo de cheiro a merda. Era un xeito eficaz de saber o estado da marea sen a necesidade de mirar para o mar.
En todo este tempo nada se fixo co cheiro. É algo incrible de crer a menos que se viva aquí. É que nunca se vai dar arranxado?
A razón pola que se produce este cheiro xa hai tempo que me da igual. A razón pola que aínda se produce indígname profundamente.
chuzame -
Os principios de diseño de python son a claridade e sinxeleza do código. Sempre podemos ve-lo Zen de Python importando dende python o módulo this.
Éste é o Zen de Python:
xose@debian:~$ python -c "import this"
The Zen of Python, by Tim PetersBeautiful is better than ugly.
Explicit is better than implicit.
Simple is better than complex.
Complex is better than complicated.
Flat is better than nested.
Sparse is better than dense.
Readability counts.
Special cases aren't special enough to break the rules.
Although practicality beats purity.
Errors should never pass silently.
Unless explicitly silenced.
In the face of ambiguity, refuse the temptation to guess.
There should be one-- and preferably only one --obvious way to do it.
Although that way may not be obvious at first unless you're Dutch.
Now is better than never.
Although never is often better than *right* now.
If the implementation is hard to explain, it's a bad idea.
If the implementation is easy to explain, it may be a good idea.
Namespaces are one honking great idea -- let's do more of those!
chuzame -
Din que o francés é a lingua do amor... nin que non houbera outras linguas nas que se poder expresar este sentimento conseguindo a mesa calidade semántica, estética e fonética. Unha desas linguas do amor que o público maioritario descoñece é python. E velaquí un exempro:
if you in (depressed, sadness, resignation):
print 'me, my sweetheart'
if feel(you) is 'lonely' or feel(you) is 'neglected':
talk_me(this)
while always:
I.take_care(you)
if you.love() is not me:
# I will follow in the madness
# I will
break # down...
for emotion in my.heart:
try:
your.lover = me
except:
your.best_friend = me
if you.hate(me):
love(me)
elif I.annoying():
love(me)
else:
love(me, how='deeply', when='now')
chuzame -
Acaba de saír a versión 2.10 de Gtk+, unha biblioteca multiplataforma para crear interfaces de usuario gráficas escrita en C e con bindings para distintas linguaxes de programación, entre elas python, por suposto :).
Nas notas sobre a nova versión non se comenta o máis importante desta versión. Esta versión era moi agardada por traer dúas novidades que fan máis sinxela a construcción de aplicacións multiplataforma:
Antes había que escribir código dependente da plataforma se queriamos estas características.
chuzame - 


