Archive for Agosto, 2006

NetBSD estancado

Charles M. Hannum, un dos catro fundadores de NetBSD e o único dos catro que seguiu o seu desenvolvemente ata a actualidade, enviou onte un e-mail as listas de correo de NetBSD, OpenBSD e FreeBSD comentando que NetBSD está estancado chegando ó punto de ser irrelevante.

Hannum propón cambios para acabar coas causas que levaron a NetBSD ó estado actual:

  1. Debe haber un líder forte que estableza obxectivos agresivos e atope xente para completalos. A falta dun líder provoca que os obxectivos estexan baseados no que se poida ter acabado a tempo, en vez de estar baseados nos comentarios dos usuarios ou en previsións de futuras necesidades.
  2. Eliminación dos bloqueos nos proxectos. Un proxectoc queda bloqueado ó estar traballando nel alguén facendo imposible que outro desenvolvedor poida traballar nel ó mesmo tempo.
  3. Facer que os desenvolvedores que teñen máis peso no proxecto sexan os que demostraron máis coñecementos (meritocracia). Na actualidade os desenvolvedores con máis peso adoitan ser aqueles que fixeron as partes menos útiles.
  4. Separación entre o Proxecto NetBSD (The NetBSD Project) e a Fundación NetBSD (The NetBSD Fundation). A Fundación NetBSD debe tomar as tarefas adeministrativas, deixando ó Proxecto NetBSD as decisións técnicas.

Vía OSnews.

Chuzame! chuzame -

F1-Live.com informa de que en varios periódicos deportivos italianos se está a anunciar que a carreira deportiva de Michael Schumacher está chegando á súa fin. Moi interesante, algo totalmente inesperado. Pola miña parte, aquí algúns anuncios propios:

  1. A carreira deportiva de Fernando Alonso está chegando á súa fin.
  2. A carreira deportiva de Pedro de la Rosa está chegando á súa fin.
  3. A carreira deportiva de Kimi Raikkonen está chegando á súa fin.
  4. A carreira deportiva de Robert Kubica está chegando á súa fin.
  5. Etc.

Pola outra banda, o final da carreira deportiva na Fórmula 1 de Lewis Hamilton aínda non é certa, haberá que esperar a que debute.

PostData: Penso que a Carta de Utiliación de F1-LIVE.COM me permite por a ligazón e dicir o que din... De non ser así, que me denuncien por segui-los principios orixinais da Internet de libre compartición de información eliminarei a entrada, pedindo perdór polos danos causados e alegando ignorancia sobre a xerga legal.

Chuzame! chuzame -

make -j (n+1)

Un pastor amigo meu escribiu sobre o valor axeitado para o parámetro de configuración CONCURRENCY_LEVEL de make-kpkg. Chega á conclusión de que para o seu Intel Core Duo, polo tanto 2 CPUs, o valor óptimo é 2, despois de comprobar que con 3 daban uns valores lixeiramente superiores.

Este resultado deixoume un tanto confundido. Nesta entrada intentarei explicar de onde veñen eses dous valores, 2 e 3, e porque o último se suxería como óptimo.

Chuzame! chuzame -

Valoración do blog

Eu teño en moi alta estima o meu blog... pero cal será a valoración obxectiva?

Segundo sootle.com Segundo business-opportunities.biz

This website is worth
What is your website worth?

My blog is worth $564.54.
How much is your blog worth?

Dende agora, cando a alguén lle diga que o teño en estima/o quero, sabe que me pode pidir prestados eses cartos, pero nin un céntimo máis!

Chuzame! chuzame -

Jacobo Tarrío acaba de anunciar na lista de correo de trasno a disponibilidade da súa tradución ó galego de Firefox 1.5 (válida para tódalas versións 1.5.0.x).

A instalación é moi sinxela, abonda con segui-la ligazón anterior (repetimos). Despois de reinicia-lo programa xa estará en galego. O resultado é este:

firefox_galego

Actualización: Por erro, o ficheiro coa tradución que se subiu nun principio era unha beta. O ficheiro xa foi actualizado coa versión final.

Chuzame! chuzame -



About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the month Agosto, 2006.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

Agosto 2006
L M M X V S D
« Xull   Set »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  
3K2 theme by Hakan Aydin