CIA - O informador do código aberto
Published agosto 15th, 2006 in SoftwareCIA é un sistema que monitoriza a actividade dos repositorios (CVS, Subversion, etc) de proxectos de código aberto en tempo real. Multitude de proxectos de código aberto, entre eles os máis importantes (KDE, GNOME, Gentoo Linux, FreeBSD, etc) empregan este servizo. Si, o nome do proxecto está moi ben elixido :).
Na páxina principal podemos ver os proxectos e programadores máis activos e máis novos. Nas páxinas específicas de cada proxecto pódese ve-la información do proxecto, así coma unha ligazón a un RSS para recibi-los cambios.
Calquera proxecto de código aberto pode aparecer nesta páxina, só hai que baixar un script e executalo cada vez que modificamos o repositorio.
Ligazóns
chúzame -




E CIA significa algo? Son as siglas de algo? Busquei na web (baixo FAQS, HOWTO, etc.) e non atopei nada; sonche moi curioso…
Si que significa, a CIA é a “Central Intelligence Agency”. Vamos, a axencia de espionaxe yankee. :p
Agora en serio, na ligazón de “About CIA” pódese ver que CIA empezou coma un IRC Bot que seguía os cambios do respositorio do proxecto PicoGUI e que o 23 de maio de 2003 Lalo Martins empezou a chamarlle “CIA”.