Frets On Fire
Published agosto 15th, 2006 in Software Libre, Xogos
Frets on Fire é un xogo que permite que saquemos o guitarrista heavy que levamos dentro.
Para xogar, ademais de ritmo e cordinación, só fai falla un teclado. A mecánica é moi sinxela: hai que ir tocando as notas xusto cando pasan por debaixo das teclas. A pesares desta sinxeleza, pode resultar moi adictivo.
Coma sempre, nada mellor que un vídeo vendo o xogo en funcionamento.
Niveis de dificultade
Hai tres niveis de dificultade:
- Sinxelo: só se empregan as 4 primeiras teclas e non hai que presionar máis dunha tecla á vez.
- Normal: só se empregan as 4 primeiras teclas, pero podendo ter que presionar dúas teclas á vez.
- Difícil: empréganse as 5 teclas.
Mellores puntuacións
Hai a opción de subir á internet as mellores puntuacións de cada canción/dificultade. Se o facemos realmente ben, apareceremos no listaxe coas mellores puntuacións.
Máis cancións
O xogo só trae 3 cancións, para conseguir máis cancións existen dúas comunidades de usuarios que andan creando cancións:
- Keyboards on Fire: Comunidade inglesa.
- Frets on Fire Spain: Comunidade española moi activa (hai que rexistrarse). Ademais de cancións tamén fixeron a tradución ó castelán do xogo.
Información
Versión 1.0.192
Licenza GPL
Capturas de pantalla
chúzame -








En casos como este se nota en falta un periférico a modo de guitarra para conectarla al PC… Como complemento al juego, con licencia GPL, existe el Ultrastar (buscar por SourceForge) que no es más que un juego a la semejanza de SingStar siendo muy muy recomendable. De momento sólo está bajo sistemas Ventanuco, pero en HappyPenguin se están currando para portarlo a Linux.
Probaches a colle-lo teclado como se ve na imaxe? Bueno, para min as teclas por defecto non son cómodas (salto entre o F4 e o F5), polo que cambiei as teclas a 1…5. Non se fai nada incómodo
Para máis información sobre Ultrastar: http://carrodeguas.blogspot.com/2006/07/ultrastar-otra-forma-de-dar-la-nota.html
Sí, a verdade é que probei, pero cun Natural Keyboard coma o meu (partido) faiseme demasiado díficil
Os rockeiros de verdade teñen teclados cun deseño de hai máis de 10 anos! Sae de ahí, aficionado!
Por certo, existe unha comunidade deste xogo en español onde baixar novas cancións, mods, descargas e máis cousas previo rexistro. Deixo a web xa que estiven mirando e paréceme moi interesante para sacarlle aínda máis partido ó Frets on Fire: http://fofspain.tk3.net/
Moi interesante esa ligazón. Hai unha cousa que non me gusta… en vez de subir todos as cancións ó mesmo sitio, andan dividindo a comunidade. Vamos, na páxina española hai moitas máis cancións que na inglesa.
Engadín á entrada as ligazóns de onde conseguir máis cancións.
Xa está dispoñible para a súa descarga a versión 1.0.225 do FOF a cal inclue a posibilidade de importar os temas do Guitar Hero, unha opción moi interesante para os pusuidores deste xogo.