NetBSD estancado
Published agosto 31st, 2006 in As miñas cousasCharles M. Hannum, un dos catro fundadores de NetBSD e o único dos catro que seguiu o seu desenvolvemente ata a actualidade, enviou onte un e-mail as listas de correo de NetBSD, OpenBSD e FreeBSD comentando que NetBSD está estancado chegando ó punto de ser irrelevante.
Hannum propón cambios para acabar coas causas que levaron a NetBSD ó estado actual:
- Debe haber un líder forte que estableza obxectivos agresivos e atope xente para completalos. A falta dun líder provoca que os obxectivos estexan baseados no que se poida ter acabado a tempo, en vez de estar baseados nos comentarios dos usuarios ou en previsións de futuras necesidades.
- Eliminación dos bloqueos nos proxectos. Un proxectoc queda bloqueado ó estar traballando nel alguén facendo imposible que outro desenvolvedor poida traballar nel ó mesmo tempo.
- Facer que os desenvolvedores que teñen máis peso no proxecto sexan os que demostraron máis coñecementos (meritocracia). Na actualidade os desenvolvedores con máis peso adoitan ser aqueles que fixeron as partes menos útiles.
- Separación entre o Proxecto NetBSD (The NetBSD Project) e a Fundación NetBSD (The NetBSD Fundation). A Fundación NetBSD debe tomar as tarefas adeministrativas, deixando ó Proxecto NetBSD as decisións técnicas.
Vía OSnews.
chúzame -




0 Responses to “NetBSD estancado”
Please Wait
Leave a Reply