Archive for Setembro, 2006

Apertas de balde

Apertas de balde, Free Hugs en inglés, é unha campaña para dar apertas a calquera co que te atopes pola rúa e estexa disposto. Tan só fai falla un letreiro ben á vista dicindo que ofreces apertas de balde e agardar ós atrevidos.

Entereime onte desta singular campaña grazas ó chuzamento dun vídeo de Juan Mann dando apertas de balde.

Chuzame! chuzame -

Vía KernelTrap chego ó e-mail An Ode to GPLv2 onde Linus Torvalds explica as avantaxes da GPLv2 fronte á GPLv3.

Linus di que a GPLv2 era boa porque era moi sinxea. Resume a GPLv2 en "You can use the end result any way you want (and if you want to use it for "bad" things, be my guest), but we ask the same exact thing of everybody - give your modifications back.", ou o que é o mesmo pero en galego "Podes usa-lo resultado final como queiras (e se queres usa-lo para cousas "malas", se o meu invitado), pero pedimos exactamente a mesma cousa a todo o mundo - danos as modificacións de volta."

Este resume ten dúas imprecisións:

  1. A GPLv2 forza que se devolvan os cambios feitos só cando se distribúe o novo código. Isto fai que se un usuario emprega un programa GPLv2 modificado indirectamente, por exemplo mediante unha páxina web, o usuario non ve as avantaxes da GPLv2. A GPLv3 dispón dunha cláusula opcional para evitar isto mesmo.
  2. O usuario precisa, ademais da capacidade de le-lo código, a capacidade de modificalo. Isto vese no fenómeno chamado tivonización: TiVo emprega Linux (baixo a GPLv2), pero só funciona co binario que distribué TiVo, non cunha versión modificada polo usuario. A GPLv3 evita a Tivonización.

E isto deixando a un lado o problema das patentes e o DRM.

Chuzame! chuzame -

Aznar: facendo amigos e enxurrando

Vía chuza! chego a Aznar se pregunta por qué los musulmanes no se disculpan por haber ocupado España ocho siglos.

Aparte queda o excesivo celo que teñen determinados sectores do mundo mulsumán sobre as publicacións/declaracións realizadas en occidente. Publicacións/declaracións que aquí pasan desapercibidas pola escasa importanza que se lle dan.

Os comentarios de Aznar tráenme estas preguntas á cabeza:

  1. No século VIII, que era España?
  2. De onde chegaron os visigodos no século V? Eran cristiáns? Cantos séculos hai dende o V ó VIII? 3 séculos de ocupación fanos máis españois que 8?
  3. Non xa na Idade Media, se non que na actualidade, que pais leva ocupando chan mulsumán dende hai 58 anos?
Chuzame! chuzame -

Python Sudoku 0.12.4

Acabo de sacar a versión 0.12 de Python Sudoku. Se queredes descargala podédelo facer na páxina de descargas.

Esta versión fíxose esperar, xa que dende a versión 0.11 pasou xa medio ano. Poido tardar unhas horas menos, pero dende onte non se podía facer login en Source Forge, co que non podía subi-la nova versión. Conspiracións xudeo-masónicas desas.

Chuzame! chuzame -

Golpes de estado

O golpe de estado en Tailandia fíxome recordar dúas anécdotas da infancia.

Na época de EXB, a profesora de Sociais ou Historia, non recordo como se chamaba exactamente a asignatura, mandounos un traballo para facer na casa: argumentar se teñen xustificación os golpes de estado. Seríamos 20 na clase, e agás dous, o resto dixemos que si :) Todos argumentábamos que se o goberno era malo, que se... Aínda recordo a cara da mestra ó ver a proporción. Esa cara foi a que nos fixo entender a realidade da nosa resposta. Pobre.

Na época de COU, o profesor de Filosofía explicounos que para Platón a democracia era o réxime preferible na práctica, pero que o ideal era a dictactadura do xusto [0]. Todos quedamos estranados pola presumible inocencia de Platón.
[0] "Teoría política y práctica política en Platón", de Armando R. Poratti.

E agora, o exército tailandés quéreme volver a sorprender. Fai un golpe de estado, deixando claro a súa obedienza á monarquía, e afirma que devolverá rapidamente o poder ó pobo, pero polo camiño anula a constitución e declara o estado marcial. Unha pena que un xa perdera a inocente capacidade de asombro. Queda por ver o rápido que ceden o poder que acaban de gañar tan rapidamente.

Chuzame! chuzame -



About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the month Setembro, 2006.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

Setembro 2006
L M M X V S D
« Ago   Out »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin