Archive for setembro 1st, 2006

Forbes contra a GPLv3

gnuOnte publicouse en Forbes un artigo titulado "The Problem With St. Ignucius" no que se critica a próxima versión da GPL afirmando que vai dana-lo movemento do software libre (Forbes con movemento refírese ás empresas que fan negocio co software libre, non á comunidade).

O artigo divide o mundo do software libre entre os pragmáticos, coma Linus Torvalds e as empresas que apoian o software libre, e os extremistas, liderados por Richard Stallman. Quérese facer ver que Stallman está só, que é un tolo que vai contra o sentido común da maioría. Isto é falso, non está só nin moito menos. Non está só nin nos seus plantexamentos nin no proceso de redacción da próxima versión da GPL.

Detrás do ataque persoal a Stallman atópase un ataque masivo á comunidade do software libre. Déixase ler entre liñas que os desenvolvedores de software libre adoptarán a GPLv3 como seguidores incondicionais seguindo ó seu mesías. Haberá programadores que adopten a nova versión e outros que non, cada un decidirá.

O software libre non é un movimento técnico, é un movimento político/ético no que o principal é a liberdade do usuario, polo que tanto a loita contra as patentes de software como contra o DRM (Digital Rights Management, Xestión de Dereitos Dixitais) teñen que ser partes imprescindibles da nova versión da GPL.

Vía GNUticias.

Chuzame! chúzame -

About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the day venres, setembro 1st, 2006.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

setembro 2006
L M M X V S D
« ago   out »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin