Archive for setembro 3rd, 2006

Espectacular e moi emotivo o partido que se xogou hoxe para homenaxea-lo Súper Dépor no ano en que se celebran os cen anos de existencia do Deportivo. Aínda que se pedía a homenaxe ós xogadores míticos ó se retirar, mereceu moito a pena a espera para facer unha homenaxe por todo o alto. Unha mágoa que estes partidos só se poidan dar en momentos tan especiais.

Foi moi bonito volver ver a Bebeto golear, facendo os dous goles do Súper Dépor, a Djalminha facendo unha cola de vaca con cano a Fran ou a un impresionante Cholo de 62 anos corre-la banda e facendo dous centros á área.

Unha pena que algúns xogadores coma Mauro Silva, Alfredo ou Djukic non poideran asistir.

Este partido foi recorda-los partidos nos que todo estaba por vir, pero sabendo que algo importante viría. Recordar aqueles momentos de bágoas e ledicia. Queda un moi bo sabor de boca daqueles tempos: a inocencia de pensar que con merecer algo xa se tiña que obter.

Chuzame! chúzame -

About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the day domingo, setembro 3rd, 2006.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

setembro 2006
L M M X V S D
« ago   out »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin