GNOME 2.18 contará cun novo xogo
Published setembro 11th, 2006 in Python Sudoku, XogosHai só cinco días que saíu GNOME 2.16 pero xa se está a decidir qué irá, ou non, na seguinte versión, a 2.18. Decidiuse, por aclamación popular, que se faría un cambio entre os xogos que actualmente forman parte de GNOME, cambiándose un dos actuais xogos que veñen con GNOME por outro novo.
Está planificado o procedemento nos seguintes pasos:
- Proposta de xogos
- Comunicación cos responsables dos xogos para descartar xogos da lista
- Votación entre os xogos incluídos actualmente en GNOME para eliminar o perdedor
- Votación entre os xogos propostos para engadir o gañador
Neste momento hai 13 xogos propostos e 12 descartados. Un deses descartados é Python Sudoku. Os motivos que din para que se descartase foron:
- Nula integración entre Python Sudoku e GNOME máis alá do emprego de GTK+.
- Python Sudoku non só é un xogo gráfico: pódese acceder a toda a funcionalidade (agás á GUI, claro) mediante a liña de comandos (creación/resolución de sudokus, creación de PDFs/imaxes).
- Hai outros xogos de sudoku na lista máis coñecidos/empregados (Gnome-sudoku).
Hai outro punto que non argumentei, pero que tamén ten o seu peso para min. Ó entrar un xogo en GNOME, este pasa ó seu CVS (falta de decisión sobre o xogo) e debe segui-lo ritmo de versións de GNOME (falta de flexibilidade). Pola outra banda, unha das avantaxes de estar en GNOME é que o xogo será instalado/usado por unha maior masa de usuarios, circunstancia que non me quita o sono (xa teño o ego contento con como van as cousas).
chúzame -




Algunha ligazón para consultar os xogos propostos/descartados?
Está na entrada (teño que cambiar o CSS :))
http://live.gnome.org/GnomeGames/NewGamesPlan