Archive for setembro 16th, 2006
O 16 de setembro celébrase o Día do Software Libre. Esta celebración ten como obxectivo ensinarlle á xente os beneficios de empregar Software Libre de alta calidade en tódalas partes: na educación, no goberno, na casa e nos negocios.
Todo comezou en 2004, cando Matt Oquist chegou á conclusión de que o Software Libre estaba listo para o uso público, pero que o descoñecemento da xente era un obstáculo para a súa implantación. Así, o primeiro día do Software Libre celebrouse o 16 de setembro do 2004.
chúzame -
Dende Rahkephon's Corner coméntase a necesidade de engadir DRM a linux. Con linux supoño que se referiría a GNU/Linux, é dicir, un sistema operativo baseado na filosofía do Software Libre.
A filosofía do Software Libre é darlle ó usuario tada a liberdade. A idea do DRM é acota-la liberdade do usuario. Por definición, son ideas contrapostas, incompatibles.
chúzame - Cousas de xentiña participa na primeira seleción galega de blogs
3 Comments Published setembro 16th, 2006 in HumorAcabo de descubrir, lendo a nova Red Galicia: selección de blogs galegos en chuza!, que existe a seleción galega de blogs. E este blog, co número 7 ás costas, está nesa seleción!
"É unha honra que o Míster contara comigo para a primeira convocatoria da seleción. Sei que é un suceso anecdótico, xa que hai outros blogs con mellores condicións técnicas e físicas. Tentarei aproveita-la experienza, exprimila ó máximo. Veño con toda a intención de aprender todo o que poida.", dixo o blog en declaracións exclusivas a este medio.
E as primas como van?
chúzame - 


