Cousas de xentiña participa na primeira seleción galega de blogs
Published setembro 16th, 2006 in HumorAcabo de descubrir, lendo a nova Red Galicia: selección de blogs galegos en chuza!, que existe a seleción galega de blogs. E este blog, co número 7 ás costas, está nesa seleción!
"É unha honra que o Míster contara comigo para a primeira convocatoria da seleción. Sei que é un suceso anecdótico, xa que hai outros blogs con mellores condicións técnicas e físicas. Tentarei aproveita-la experienza, exprimila ó máximo. Veño con toda a intención de aprender todo o que poida.", dixo o blog en declaracións exclusivas a este medio.
E as primas como van?
chúzame -




Caracio, no debiches rendir ben na última xornada… parece que xa casi che poñen de suplente :p
Sábese a forma de orde que teñen os blogs nesta web?
Como xa comentei: “Sei que é un suceso anecdótico, xa que hai outros blogs con mellores condicións técnicas e físicas.”
Acabo de mira-lo código HTML da páxina. Defínense dúas columnas:
a) A columna da esquerda é a “correspondiente a los Socios”
b) A columna da dereita é a “correspondiente a los Invitados”
Cada vez entendo menos esta páxina, a verdade. Supoño que farán uso dalgún modelo (template) e este estará definido neses termos.
Estou de antepenúltimo! Estarame presionando o adestrador para sacar o máximo rendimento?