O DRM é incompatible co software libre
Published setembro 16th, 2006 in Software Libre
Dende Rahkephon's Corner coméntase a necesidade de engadir DRM a linux. Con linux supoño que se referiría a GNU/Linux, é dicir, un sistema operativo baseado na filosofía do Software Libre.
A filosofía do Software Libre é darlle ó usuario tada a liberdade. A idea do DRM é acota-la liberdade do usuario. Por definición, son ideas contrapostas, incompatibles.
Hai tres tipos de DRM:
- DRM en ficheiros
- DRM en medios físicos
- DRM en dispositivos externos
DRM en ficheiros
O formato dun tipo de ficheiro pode conter marcas para acota-lo uso do ficheiro. Neste caso, o ficheiro depende de que o programa co que se abra faga caso desas marcas, pero nada obriga ó programa a facelo.
Un exemplo deste tipo de DRM é a marca de non impresión nos PDFs. KPDF é o programa de visualización de PDFs de kde. Hai ano e medio engadiuse código DRM ó programa para facerlle caso ás marcas do PDF[0]. Ó ser software libre pódese, fácilmente, eliminar ese parche ou fragmento de código. Finalmente, para evitar a creación dun fork, decidiuse que o DRM fose opcional en tempo de compilación.
A única forma de que este tipo de DRM funcione é mediante software privativo.
DRM en medios físicos
Neste caso o medio está protexido mediante a encriptación do seu contido. Para desencriptalo o reproductor ten que dispoñer do algoritmo e maila clave.
Un exemplo deste tipo de DRM é o DVD. Existe un programa chamado DeCSS que é capaz de desencriptar os DVDs. Grazas á estadounidense DMCA e á europea EUCD, DeCSS e calquera programa que evite as protecións para acceder a datos con copyright, é ilegal.
Ningún programa que sexa Software Libre (legal) poderá acceder ó contido deste tipo de medios físicos.
DRM en dispositivos externos
Existen dispositivos externos que mediante algunha forma de Trusted Cumputing evitan que se poida aceder ós seus datos se non é con determinadas versións de sistema operativo e programas. Se se produce calquera modificación no sistema, os datos non son acesibles.
Un exemplo deste tipo de DRM é TiVo. A pesares de levar GNU/Linux no seu interior, só a versión certificada por TiVo é capaz de aceder ós datos, a capacidade de modifica-lo código fonte non existe realmente.
Un programa que se poida modificar pero que non funcione, vai en contra da filosofía do Software Libre. A nova GPLv3[1][2] prohibe que se poida empregar sofware GPLv3 con dispositivos DRM, ou que eses dispositivos de claven impidan que o usuario teña liberdade á hora de executar e obte-los resultados esperados do programa empregando a versión orixinal ou una modificada.
Máis información
A información para facer esta entrada obtívena do blog Ricardo Galli, de Software Libre:
[0] Debate sobre el DRM incluido en el kpdf
[1] Sorprendido con la GPL3
[2] GPL3 y DRM
[3] Porqué el DRM es inaceptable
[4] El DRM es incompatible con el software libre
chúzame -




Hoxe celébrase o día Internacional do Software Libre!
Foiseme a pinza, e non deixei o ligazón:
http://softwarefreedomday.org/
Tanta celebración vai acabar comigo…