Archive for setembro 18th, 2006

Pedro Silva anunciou esta tarde a dispoñibilidade dun novo plugin para loitar contra o spam nos comentarios listo para ser activado nas contas de BloGaliza. O plugin engade, no formulario para engadir un novo comentario, unha imaxe co texto que hai que introducir para face-la validación. Só se o texto é correcto se aceptará o comentario.

O spam nos comentarios afectoume directamente. Empezou de repente e centrado nunha entrada. Houbo días en que recibía case que 10 comentarios contendo spam. Acabei tengo a obriga de modera-los comentarios. Aínda así, o que conseguín foi que os comentarios non se publicaran, pero recibindo 10 e-mails para a moderación de comentarios; para min a molestia era a mesma. O resultado final foi o peche dos comentarios e avisos nesa entrada. De xeito aillado seguín recibindo spam nalgunhas entradas, pero nunca tanto coma a primeira vez. Agardo que grazas a este plugin poida vivir contento e tranquilo sen moderación de comentarios :)

Aínda despois deste plugin, boto en falta algún plugin, que mediante algoritmos bayesianos, detecte que o contido dun comentario/aviso (trackback en galego) é spam. Polo momento, ó moderar un comentario pódelo marcar como spam, pero nada fai uso desta información.

Chuzame! chúzame -

About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the day luns, setembro 18th, 2006.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

setembro 2006
L M M X V S D
« ago   out »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin