Novo plugin en BloGaliza: imaxe antispam
Published setembro 18th, 2006 in As miñas cousasPedro Silva anunciou esta tarde a dispoñibilidade dun novo plugin para loitar contra o spam nos comentarios listo para ser activado nas contas de BloGaliza. O plugin engade, no formulario para engadir un novo comentario, unha imaxe co texto que hai que introducir para face-la validación. Só se o texto é correcto se aceptará o comentario.
O spam nos comentarios afectoume directamente. Empezou de repente e centrado nunha entrada. Houbo días en que recibía case que 10 comentarios contendo spam. Acabei tengo a obriga de modera-los comentarios. Aínda así, o que conseguín foi que os comentarios non se publicaran, pero recibindo 10 e-mails para a moderación de comentarios; para min a molestia era a mesma. O resultado final foi o peche dos comentarios e avisos nesa entrada. De xeito aillado seguín recibindo spam nalgunhas entradas, pero nunca tanto coma a primeira vez. Agardo que grazas a este plugin poida vivir contento e tranquilo sen moderación de comentarios
Aínda despois deste plugin, boto en falta algún plugin, que mediante algoritmos bayesianos, detecte que o contido dun comentario/aviso (trackback en galego) é spam. Polo momento, ó moderar un comentario pódelo marcar como spam, pero nada fai uso desta información.
chúzame -
4 Responses to “Novo plugin en BloGaliza: imaxe antispam”
- 1 Pingback on nov 21st, 2006 at 10:31 pm
- 2 Pingback on dec 11th, 2006 at 7:43 pm




A verdade é que no iba a deixar ningún comentario nesta entrada pero tras un accidente na entrada do enxurrador chamado Aznar decidín que o mellor era facélo.
Sí, o filtro anti-spam é interesante para os blogues; permite os webmaster filtrar o spam sen moita molestia; pero… ¿e o usuario de a pé? Perde tempo escribindo por mor da desconfianza do webmaster a seres un bot. Pero, pasemos ó importante; principal motivo do meu comentario. A Imaxe Antispam é, para o meu gusto, UNHA CAGADA cun fallo DE ENORMES PROPORCIÓNS.
A questión é que escribín un comentario, non moi largo, pero si interesante acompañado dunha ligazón cun audio. Por esquecemento non escribín a palabra “Anti-Spam” y aparecéuseme una frase:
Error: Please enter the anti-spam word.
Carácio, foiseme a perola. Sen máis opción que darle a opción “Ir a páxina anterior” (son usuario de Firefox) fun disposto a escribila palabra e envialo comentario pero…. ¡¡¡o comentario desaparecera!!! Extrañoume a verdade e decicín facer probas cos navegadores que tiña a mano, a merda do IE e a penúltima versión do Ópera. Mesmo resultados.
A única solución era volver a escribir novamente o comentario, pasar ou facer un resumen. Eu, nesta ocasión, optei por esta última pero un usuario se escribe un textón igual pasa olimpicamente do tema.
¿É se escribes mal a palabra Anti-Spam? Máis do mesmo; aparece un erro “Error: Please enter the correct anti-spam word. Press the back button and try again.” e ó comentario escrito vaise de vacacións.
Non sei se o plugin é configurable polos webmasters, pero éste xa ten un detractor.
Xa que estoy quisquilloso…
A imaxe que aparece do “filtro antispam” é, en realidade uhna imaxe prediseñada, non son palabras que se crean aleatoriamente.
http://xoseotero.blogaliza.org/wp-content/plugins/custom-anti-spam/custom_anti_spam.php?antiselect=X
Por exemplo…
Se X=9 a palabra é inverno, se X=11 é comenta, se X=12… non é nada. Só hai 11 palabras no filtro. Non me aventuro moito ó decires que non sería moi complicado creares un script simple (sendo tan poucas palabras non aleatorias o filtro) que escribise no buraco correspondente a palabra segun a imagen Anti-Spam. Sí, é un filtro antispam, pero de andar pola casa.
Fdo: O mesmo detractor que antes.