Archive for setembro 20th, 2006
O golpe de estado en Tailandia fíxome recordar dúas anécdotas da infancia.
Na época de EXB, a profesora de Sociais ou Historia, non recordo como se chamaba exactamente a asignatura, mandounos un traballo para facer na casa: argumentar se teñen xustificación os golpes de estado. Seríamos 20 na clase, e agás dous, o resto dixemos que si
Todos argumentábamos que se o goberno era malo, que se... Aínda recordo a cara da mestra ó ver a proporción. Esa cara foi a que nos fixo entender a realidade da nosa resposta. Pobre.
Na época de COU, o profesor de Filosofía explicounos que para Platón a democracia era o réxime preferible na práctica, pero que o ideal era a dictactadura do xusto [0]. Todos quedamos estranados pola presumible inocencia de Platón.
[0] "Teoría política y práctica política en Platón", de Armando R. Poratti.
E agora, o exército tailandés quéreme volver a sorprender. Fai un golpe de estado, deixando claro a súa obedienza á monarquía, e afirma que devolverá rapidamente o poder ó pobo, pero polo camiño anula a constitución e declara o estado marcial. Unha pena que un xa perdera a inocente capacidade de asombro. Queda por ver o rápido que ceden o poder que acaban de gañar tan rapidamente.
chúzame - 


