Golpes de estado

O golpe de estado en Tailandia fíxome recordar dúas anécdotas da infancia.

Na época de EXB, a profesora de Sociais ou Historia, non recordo como se chamaba exactamente a asignatura, mandounos un traballo para facer na casa: argumentar se teñen xustificación os golpes de estado. Seríamos 20 na clase, e agás dous, o resto dixemos que si :) Todos argumentábamos que se o goberno era malo, que se... Aínda recordo a cara da mestra ó ver a proporción. Esa cara foi a que nos fixo entender a realidade da nosa resposta. Pobre.

Na época de COU, o profesor de Filosofía explicounos que para Platón a democracia era o réxime preferible na práctica, pero que o ideal era a dictactadura do xusto [0]. Todos quedamos estranados pola presumible inocencia de Platón.
[0] "Teoría política y práctica política en Platón", de Armando R. Poratti.

E agora, o exército tailandés quéreme volver a sorprender. Fai un golpe de estado, deixando claro a súa obedienza á monarquía, e afirma que devolverá rapidamente o poder ó pobo, pero polo camiño anula a constitución e declara o estado marcial. Unha pena que un xa perdera a inocente capacidade de asombro. Queda por ver o rápido que ceden o poder que acaban de gañar tan rapidamente.

Chuzame! chúzame -

9 Responses to “Golpes de estado”

  1. 1 Dan

    Servizo de lenbranzas versión 0.1.DFC:

    EXB -> Sociais -> Pili
    COU -> Filosofía -> Paco (Web persoal: http://www.paginasobrefilosofia.com/html/index.html)

  2. 2 Xosé Otero

    Que memorión! :D

    Por certo, a web de Paco é como volver á internet de hai 10 anos!

  3. 3 xunqueiro

    a profesora era conchi, pili era a de español

  4. 4 xunqueiro

    por certo eu estiven nesa clase, era en 5-A en “Dan” era de B

  5. 5 Dan

    Certo, merda… tes razón…

    Peeeeeeero… estos profesores empezaron a darnos clase en 6ºEXB polo que non chego a entender o comentario de 5º

  6. 6 xunqueiro

    certo é, era para ver se estabas atento…….puxen quinto pero queria dicir oitavo. Una leve problema de dislexia :)

  7. 7 Dan

    E pódese saber con quen temos o honor de falar tralo pseudónimo de xunqueiro?

  8. 8 Xosé Otero

    A este xunqueiro gústalle moito o anonimato… Débenos alguén cartos de aquela época? :D

  1. 1 Búscase a xunqueiro (wanted alive) at Cousas de xentiña

Leave a Reply





Categories

Calendario

setembro 2006
L M M X V S D
« ago   out »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  
3K2 theme by Hakan Aydin