Archive for setembro 23rd, 2006
Vía chuza! chego a Aznar se pregunta por qué los musulmanes no se disculpan por haber ocupado España ocho siglos.
Aparte queda o excesivo celo que teñen determinados sectores do mundo mulsumán sobre as publicacións/declaracións realizadas en occidente. Publicacións/declaracións que aquí pasan desapercibidas pola escasa importanza que se lle dan.
Os comentarios de Aznar tráenme estas preguntas á cabeza:
- No século VIII, que era España?
- De onde chegaron os visigodos no século V? Eran cristiáns? Cantos séculos hai dende o V ó VIII? 3 séculos de ocupación fanos máis españois que 8?
- Non xa na Idade Media, se non que na actualidade, que pais leva ocupando chan mulsumán dende hai 58 anos?
chúzame - Acabo de sacar a versión 0.12 de Python Sudoku. Se queredes descargala podédelo facer na páxina de descargas.
Esta versión fíxose esperar, xa que dende a versión 0.11 pasou xa medio ano. Poido tardar unhas horas menos, pero dende onte non se podía facer login en Source Forge, co que non podía subi-la nova versión. Conspiracións xudeo-masónicas desas.
chúzame - 


