Python Sudoku 0.12.4
Published setembro 23rd, 2006 in Python Sudoku, Software LibreAcabo de sacar a versión 0.12 de Python Sudoku. Se queredes descargala podédelo facer na páxina de descargas.
Esta versión fíxose esperar, xa que dende a versión 0.11 pasou xa medio ano. Poido tardar unhas horas menos, pero dende onte non se podía facer login en Source Forge, co que non podía subi-la nova versión. Conspiracións xudeo-masónicas desas.
Actualización 2006/07/02: Python Sudoku 0.12.1
A interface gráfica emprega todos os algoritmos para resolver os sudokus en vez de depender do parámetro --difficulty.
Actualización 2006/07/30: Python Sudoku 0.12.2
Elimina-la visualización de números extras no modo gráfico é na resolución de sudokus na liña de comandos.
Actualización 2006/08/04: Python Sudoku 0.12.3
As opcións --use_letters e --numbers_only funcionan cando faltan os módulos reportalba e PIL. Amosar a información de modo de emprego dependendo dos módulos presentes.
Actualización 2006/09/23: Python Sudoku 0.12.4
Actualizada a tradución ó alemán.
Arranxado un bug que impedía que se dera un número dende a interface gráfica.
chúzame -




Unha ronda por conta da casa?
O parto foi difícil e longo, así que, ben o merece