Apertas de balde
Published setembro 28th, 2006 in As miñas cousasApertas de balde, Free Hugs en inglés, é unha campaña para dar apertas a calquera co que te atopes pola rúa e estexa disposto. Tan só fai falla un letreiro ben á vista dicindo que ofreces apertas de balde e agardar ós atrevidos.
Entereime onte desta singular campaña grazas ó chuzamento dun vídeo de Juan Mann dando apertas de balde.
Sobre o comezo da campaña Free Hugs hai dúas liñas de investigación. Sengundo este artigo sobre Juan Mann, Juan Mann é o creador da campaña. Todo comezou en Xuño do 2004, cando Mann, ó voltar a Australia, se decatou de que "todo o mundo era desgraciado". Dende ese momento di estar dando apertas de balde "para darlle á xente algo co que se rir". Outra liña de investigación lévanos a compañía chamada Free Hugs creada no 2001 que se dedica a vender roupa coa frase. En realidade, pouco importa como comezase a campaña, o importante é que haxa xente que sega.
chúzame -




Pois nada… unha aperta…
Xa era hora! Catro días co carteliño e ningún valente!
Uish… se me vou a por eu tamén mimosón e todo…
Tranquilidade, hai apertas para todos!