Archive for setembro, 2006
Novo plugin en BloGaliza: imaxe antispam
4 Comments Published setembro 18th, 2006 in As miñas cousasPedro Silva anunciou esta tarde a dispoñibilidade dun novo plugin para loitar contra o spam nos comentarios listo para ser activado nas contas de BloGaliza. O plugin engade, no formulario para engadir un novo comentario, unha imaxe co texto que hai que introducir para face-la validación. Só se o texto é correcto se aceptará o comentario.
O spam nos comentarios afectoume directamente. Empezou de repente e centrado nunha entrada. Houbo días en que recibía case que 10 comentarios contendo spam. Acabei tengo a obriga de modera-los comentarios. Aínda así, o que conseguín foi que os comentarios non se publicaran, pero recibindo 10 e-mails para a moderación de comentarios; para min a molestia era a mesma. O resultado final foi o peche dos comentarios e avisos nesa entrada. De xeito aillado seguín recibindo spam nalgunhas entradas, pero nunca tanto coma a primeira vez. Agardo que grazas a este plugin poida vivir contento e tranquilo sen moderación de comentarios
Aínda despois deste plugin, boto en falta algún plugin, que mediante algoritmos bayesianos, detecte que o contido dun comentario/aviso (trackback en galego) é spam. Polo momento, ó moderar un comentario pódelo marcar como spam, pero nada fai uso desta información.
chúzame -
O día 24 de cada mes non é unha data moi significativa na historia da humanidade se a comparamos con outras, aínda así: o 24 de febreiro de 1971 naceu Pedro Martínez de la Rosa, o 24 de xuño celébrase o San Xoán e o 24 de decembro é a Noiteboa. O acontecemento máis destacable, que sobresae por méritos propios, é que El pastor de árboles publica a súa entrada mensual.
Unha multitude exacerbada agarda impaciente a nova entrada coma unha muller á espera da eliminación periódica da caduca do endiometrio uterino con fluxo sanguíneo :o.
Beeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeh!
Só queda unha semana!
chúzame - Making of: O rebaño á espera do post do seu pastor
0 Comments Published setembro 17th, 2006 in HumorRecentemente foi publicada a entrada O rebaño á espera do post do seu pastor, unha coprodución galego-inglesa. A creación desta entrada, como é norma, estivo plagada de erros e tomas falsas.
Seguramente, o erro máis vergoñoso foi a equivocación de datas que se produciu ó comezo do proceso da escritura do guion. Aínda non está aclarado como se produciu, pero o certo é que os dous guionistas creron que a famosa data en vez de se-lo 24 de cada mes era o 25. Este erro provocou que a entrada tivese un retraso do 50% do tempo total adicado á escrita. O seguinte parágrafo é o froito deste erro:
"Botando a mirada atrás, vemos que o día 25 de cada mes é un día especial. O 25 de febreiro do 1953 naceu José María Aznar, 25 de xullo é o Día da Patria, o 25 de setembro Fernando Alonso proclámase o campión do mundo máis novo e 25 de decembro naceu Xesús."
A data prevista para a publicación ía se-lo día 24 ás 00:01 horas, pero os productores colleron medo diante da idea de que a publicación da entrada se adiantase e a súa obra quedase totalmente descatalogada antes de saír. Finalmente, a data de publicación foi o 17, unha semana antes de previsto.
Unhas horas antes da saída á escena da entrada, o interfecto fixo esta declaración: "(19:17:09) Néstor: ei, achégase o 24, vou ter que me pór a traballar". O pobre non sabía o que se lle viría enriba nunhas horas...
chúzame -
O 16 de setembro celébrase o Día do Software Libre. Esta celebración ten como obxectivo ensinarlle á xente os beneficios de empregar Software Libre de alta calidade en tódalas partes: na educación, no goberno, na casa e nos negocios.
Todo comezou en 2004, cando Matt Oquist chegou á conclusión de que o Software Libre estaba listo para o uso público, pero que o descoñecemento da xente era un obstáculo para a súa implantación. Así, o primeiro día do Software Libre celebrouse o 16 de setembro do 2004.
chúzame -
Dende Rahkephon's Corner coméntase a necesidade de engadir DRM a linux. Con linux supoño que se referiría a GNU/Linux, é dicir, un sistema operativo baseado na filosofía do Software Libre.
A filosofía do Software Libre é darlle ó usuario tada a liberdade. A idea do DRM é acota-la liberdade do usuario. Por definición, son ideas contrapostas, incompatibles.
chúzame - 


