Linux, o núcleo de GNU/Linux
Published outubro 6th, 2006 in Software LibreUn núcleo chamado Linux nun sistema operativo chamado GNU/Linux
En Rompiendo los mitos: Linux o cidadán británico Mr. Carrodeguas mantén a súa postura de chamar a GNU/Linux Linux. Está no seu dereito de chamar ás cousas como queira. Chamar ás cousas polo seu nome só é unha ridícula costume para poder comunicarnos con outros facéndonos entender.
Mr. Carrodeguas xustifícase co artigo da wikipedia sobre a controversia da denominación de GNU/Linux. Intentaremos chamar as cousas polo seu nome, posto que me provocou deliberadamente.
Primeiro punto: como se chama o artigo na wikipedia? (GNU/Linux afirmou e reafirmou o eco sen chegar en ningún momento a se esquecer do GNU)
Segundo punto: que é un sistema operativo? Un sistema operativo é a interface entre o hardware e o programador. A non ser que se programe en ensamblador, non se traballa contra o núcleo directamente mediante chamadas ó sistema, senón que se emprega una biblioteca nunha linguaxe de alto nivel. Por certo, o tempo do ensamblador como primeiro mecanismo de programación quedou desfasado cos UNIX. Así, un sistema operativo consta basicamente de:
- Núcleo.
- Compilador dunha linguaxe de alto nivel, enlazador e ensamblador.
- Biblioteca para a linguaxe de alto nivel que faga as chamadas ó sistema.
- Intérprete de comandos.
Queda agora claro porque se chama GNU/Linux? 1xLinux + 3xGNU = GNU/Linux. E non tirei de referenzas filosóficas nin éticas.
chúzame -




“(…) posto que me provocou deliberadamente. (…)”
Nada máis lonxe da miña intención, wja wja wja….