Archive for outubro 11th, 2006
Datos persoais reiterados na matrícula para a UNED
4 Comments Published outubro 11th, 2006 in As miñas cousasCando te matriculas na UNED mándanche cubrir tódolos anos o Impreso C. Este impreso contén datos persoais que considero privados, ou cando menos non relevantes para a UNED.
Neste impreso pregúntanche datos como a forma de acceso á UNED, nota ou ano de inicio dos estudos universitarios. Estes datos son innecesarios. Se teñen unha base de datos cos datos persoais, por que me mandan cubrir estes datos tódolos anos? O absurdo do asunto amósase con este outro impreso que só hai que cubrir "si se matricula por primera vez en la UNED o si se han modificado los datos personales después de la última matrícula".
chúzame - 


