Archive for outubro 13th, 2006
Non sei canto subiu o IPC nos últimos 12 meses, pero estráñame que sexa tanto como subiron os prezos na UNED (cando menos na Inxeñería Informática de Sistemas).
| Concepto | 2005/2006 | 2006/2007 | Incremento |
|---|---|---|---|
| Crédito primeira vez | 13,27€ | 13,87€ | 4,521477% |
| Crédito segunda e sucesivas | 19,52€ | 20,40€ | 4,508197% |
| Secretaria primeira vez | 24,83€ | 25,95€ | 4,555809% |
| Secretaria segunda e sucesivas | 4,39€ | 4,59€ | 4,510673% |
| Seguro escolar | 1.12€ | 1.12€ | 0% |
chúzame - A suposta divisón de Internet é unha evolución en realidade
0 Comments Published outubro 13th, 2006 in PolíticaVía chuza! chego ata El cisma asiático amenaza la unidad de Internet. Nesta nova dise que se producirá unha división de Internet motivada pola imposibilidade dos asiáticos de empregar caracteres propios para o nome das páxinas web.
É falso que non poidan empregar caracteres asiáticos (non ASCII), xa que en 2003 empezáronse a rexistrar nomes de dominio internacionalizado (IDN). O problema desta solución é que é unha solución do lado do cliente, os dominios son convertidos a caracteres ASCII polo que os servidores DNS non se teñen que modificar para que acepten caracteres Unicode. O ideal sería que os dominios se codificaran en UTF-8 (para manter a compatibilidade cos dominios actuais), con que non habería que facer unha conversión dos caracteres UNICODE a ASCII no lado do cliente.
chúzame - 


