Archive for outubro 20th, 2006
Xa hai algún tempo, aparecía en de mares, portos e portas unha ligazón a unha listaxe de citas sobre programación. As citas están en inglés, e como non todos entenden esa lingua, fixen a tradución das que me pareceron máis interesantes ou divertidas. A tradución de seguro que non é perfecta, pero éche ata onde chega o meu inglés e mailos meus dicionarios :).
chúzame - Un mes aguantou o blogue na seleción galega de Red Galicia.
"A miña saída da seleción era de esperar, era un raparigo entre titáns. Foi una experienza incrible. Aproveiteina o máis que puiden. Espero nun futuro volver a contar coa confianza do Míster", dixo o blog en declaracións exclusivas a este rotativo, confirmando de paso que os xogadores non fan máis que repetirse e que son moi malos entrevistados.
chúzame - 


