Archive for Novembro, 2006

Kramnik contra a máquina?

Non, é Kramnik contra os deseñadores dun programa que empregan este programa no lugar de xogar eles mesmos.

Dende o 25 de novembro e ata o 5 de decembro, estanse a enfrontar Vladimir Kramnik, campión do mundo de xadrez, e Deep Fritz, un programa informático. Esta non é a primeira vez que se enfrontan, posto que no 2002 xa se enfrontaran, aínda que cunha versión anterior do programa. Os interesados poden segui-las partidas dende El país.

O curioso é o texto que acompaña ás partidas no El país: "Superou a intelixenza da máquina á do home?". Podería mirar para outro lado pensando que só é un texto para chama-la atención, pero non o farei porque sei que hai moita xente que ten una percepción equivocada do que é un computador.

Chuzame! chuzame -

Estes días foi difícil non se enterar da manifestación en contra da política antiterrorista do goberno estatal, incluso para un desinformado coma min. Despois de oír a un membro da Asociación de Víctimas do Terrorismo, plantexóuseme unha dúbida: a xente parouse a pensar o que se pedía na manifestación? Grazas ó alto o fogo indefinido (sic) levamos oito meses sen asasinatos. É evidente que ETA non se merece ningunha confianza, pero matar non mata. Como pouco é unha farsa beneficiosa.

Que pasaría ó día seguinte de que o goberno acabara coas "negociacións"? Non sei se ó día seguinte, pero ó pouco ETA tería que demostra-la súa forza. Que forma ten ETA de demostrar a súa forza? Repito, os asistentes á manifestación paráronse a pensar nas consecuencias do que pedían?

Un dato moi triste é que a oposición apoiou a manifestación. Podo entender unha actitude pouco racional por parte dos afectados polo terrorismo en primeira persona, pero non por parte da oposición, que se supón que debe saber o que fai. Temos unha oposición neste estado pésima; vive na contradición constante ó goberno, incapaz de facer unha política constructiva. A este paso, faltarán bastantes anos para que madure e lle veña o sentidiño.

Para rematar, un par de ligazóns á galipedia: moral e ética.

Chuzame! chuzame -

Búscase a xunqueiro (wanted alive)

Búscase a un individuo discreto que atende polo nome de xunqueiro, probablemente varón, de raza branca, con aproximadamente 1.80 metros de estatura e uns 25 anos de idade.

A última vez que se soupo del vírono comentando nun post deste blogue, hai dous meses xa diso e non se produciu ningunha outra comunicación. Hai indicios, sen certeza, de que visita o blogue con certa moderada asiduidade e que a última visita se produciu o 21 deste mes. Por favor, se alguén atopa un xunqueiro pola rúa ou sabe dalgúnha información sobre el, que mo faga saber o antes posible.

PD: Unha cousa é xogar a "sabes quen son?" e outra xogar a ser un mamalonciño ;)

Chuzame! chuzame -

Patentada a lista doblemente ligada

As patentes do software son un problema serio (ou de risa). Un exemplo recente é a patente concedida a LSI [0] onde se define unha lista ligada con dous ou máis xeitos de percorrela. Se nos rimos ó coñecer que un australiano patentou a roda ó parecernos un concepto moi básico, tamén o debemos facer con esta patente, xa que é o un concepto básico en informática. Intentade atopar un programador que non coñeza o concepto de lista doblemente ligada, lista con prioriedades, etc.

As patentes do software plantexan dous problemas importantes:

  1. O software non é un producto material [1] . O obxecto das patentes do software son as ideas. (Informática como rama da ciencia, etc).
  2. O baixo nivel dos que deciden se unha patente se concede.

O segundo punto fai que unha porcentaxe ampla das patentes que se conceden non sexan válidas (por exemplo, por haber arte previo), pero que haxa que ir a xuízo para probalo. É dicir, ou tes cartos, ou da igual se infrinxes unha patente inválida. Tárdase bastante tempo en decidir se se concede ou non e aínda máis tempo para revocala demostrando un xuíz que a patente non era válida.


[0] Vía slashdot.
[1] Eu de software non entendo, pero si sei que o software non é un producto.

Chuzame! chuzame -

Tíñame que ter decatado hai moito tempo. Nunca me parei a pensar que a resistenza á dor ou os reflexos para evitar o impacto co chan no último momento eran unha característica evolutiva que facía fronte á miña mala cordinación.

Miraba para outro lado e ríame da tontería: non afrontaba os feitos. Se ó estar na ducha co xampú na man se me ocorría mira-la hora, ríame do feito de que ó estar tanto o xampú como o reloxo na mesma man caera o primeiro.

A proba definitiva, a que fixo que a verdade se parara burlona e nitidamente diante dos meus ollos, ocorreu onte. Estábame enxaguando a boca mentres que limpaba as gafas coa camiseta. Aquí aparece o detonante habitual: facer dúas cousas ó mesmo tempo. O dramático descubrimento ocorreu cando decidín botarlle un pouco de bafo ás gafas para limpa-las mellor...

Chuzame! chuzame -



About

You are currently browsing the Cousas de xentiña weblog archives for the month Novembro, 2006.

Longer entries are truncated. Click the headline of an entry to read it in its entirety.

Categories

Calendario

Novembro 2006
L M M X V S D
« Out   Dec »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  
3K2 theme by Hakan Aydin