Archive for novembro 6th, 2006
Crear e manter un pacote para unha distribución non é unha tarefa doada. Crear un pacote require amplos coñecementos sobre o sistema de pacotes da distribución e coidado para pór as dependenzas correctas. Por outra banda, cada tipo de distribución ten o seu xeito particular de face-las cousas: así, as distribucións baseadas en .rpm crean un ficheiro na raíz do código fonte, mentres que as baseadas en .deb crean un subdirectorio cunha morea de ficheiros.
AGNIX publicou un artigo sobre a creación de pacotes deb onde se describe en profundiade como se crea un pacote debian, pero paréceme que para crear un pacote a nivel particular non é preciso meterse en tanto lío. Para facer un pacote para uso particular, sen preocuparse de dependezas, existe unha ferramenta chamada checkinstall que permite construír pacotes deb, rpm ou slackware de xeito moi doado.
chúzame - 


